fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 30 Outubro 2018 13:28

Campionato Galego Seleccións Comarcais

Campionato Galego Seleccións Comarcais

O vindeiro xoves día 1 celebrarase nos campos municipais de fútbol de Arcade e de Soutomaior a primeira fase do campionato galego de seleccións comarcais.

Máis de 300 nenos e nenas disputarán nos dos campos este campionato onde participarán as seleccións de Ferrol, A Coruña, A Costa da Morte, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense.

 Dividense en categorías masculinas e femininas sub 14 e Sub 15.

No Campo de Salgueirón de Arcade enfrontaranse os de categoría masculina con hora de comezo a as 10,00 horas e con este calendario:

10,00 Santiago/ Ourense – 11,00 Pontevedra/ Custo da Morte – 12,00 A Coruña/ Vigo 13,00 Lugo/Ferrol -16,00 Pontevedra/Santiago – 17,00 Vigo/ Ourense – 18,00 Costa da Morte/ Lugo 19,00 Ferrol / A Coruña.

 No campo de Candán ( Graciano Padín) de Soutomaior poñeranse en xogo as mozas co seguinte calendario:

10,00 Santiago/ Ourense – 11,00 Pontevedra/ A Coruña – 12,00 Vigo/ Lugo 13,00 Ferrol/Santiago -16,00 Pontevedra/ Ourense – 17,00 Lugo/A Coruña– 19,00 Ferrol / Vigo.

Nesta categoría feminina estará coa selección de Pontevedra a xogadora do Arcadia Miriam Martinez Lorenzo.

Os partidos serán de de os tempos de 25 min. Con 5 minutos de descanso.

Este campionato servirá para probar o novo céspede sintético de última xeración do campo de fútbol de Arcade e a nova iluminación e instalacións do campo de fútbol de Soutomaior.

O campionato está organizado pola Real Federación Galega de Fútbol e polo Concello de Soutomaior así como a indispensable colaboración do C.d. Soutomaior e C.d.Arcade.

A entrada será gratuíta para todos os partidos das dos sedes

 


Publicado en Deportes
Descargar adjuntos:

1ª FASE SELECCIONES COMARCALES 1819 (195 Descargas)
Visto 1436 veces