fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 04 Abril 2019 12:44

Axudas a deportistas individuais

Axudas a deportistas individuais

 A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, propón a convocatoria de axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva.

As bases reguladoras da concesión destas axudas establécense de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 Terán a consideración de deportes de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados por un ou dous deportistas como máximo.

 Os/as que participen en competicións deportivas oficiais tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.

Os/as aspirantes terán que cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar empadroado no Concello de Soutomaior antes do 01-01-2019
  • Estar federado no período para o que se solicita a axuda e na data de solicitude da mesma dentro da modalidade que practiquen.

Cando os deportistas sexan menores de idade as axudas terán que ser solicitadas pola nais, pais ou o titores.

O prazo de presentación de solicutudes finaliza o venres 3 de maio.

Máis información na paxina web www.soutomaior.com

 

Descargar adxuntos:

 BASES-AXUDAS-DEPORTISTAS-INDIVIDUAIS-2019.pdf


Publicado en Deportes
Visto 1120 veces