fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 03 Mai 2019 10:57

Liga Nacional de Billarda

Liga Nacional de Billarda

A liga Nacional de Billarda Conferencia Rias Baixas celebra este sábado, a partir de 16.30 horas no Campo de Fútbol Municipal de Candán ( Graciano Padín) en Soutomaior , a 17ª xornada.

Os interesados neste deporte tradicional poden ver en acción aos 8 equipos da conferencia Rías Baixas.

Espérase que polo Campo de Soutomaior pasen máis de 100 xogadores de todas as xeracións.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de forma individual en categorías masculina, feminina e infantil.

A billarda (“ estornela”) é un xogo popular de Galicia en particular, e tamén de Asturias e a provincia de León, que se recuperou afortunadamente nos últimos anos. Consiste esencialmente en darlle cun pau maior a outro máis pequeno (a billarda), ao obxecto de que chegue o máis lonxe posible.

A organización corre a conta da asociación cultural e deportiva Billarda Rias Baixas e coa colaboración do C.D.Soutomaior e do Concello de Soutomaior


Publicado en Deportes
Visto 1048 veces