fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 05 Decembro 2019 11:28

Gala do Kick Boxing Galego 2019

Gala do Kick Boxing Galego 2019

 O vindeiro sábado día 7 de decembro a partir das 11,00 horas terá lugar no Multiusos de Arcade a Gala de entrega de premios e mencións do Kick Boxing Galego.

Organizada pola Federación Deportiva Galega de Kick Boxing nesta Gala farase un expreso recoñecemento de persoas e entidades que, ben pola súa directa actividade ou iniciativa persoal, ben como partícipes no desenvolvemento e promoción do Kickboxing, contribuíron de forma destacada a impulsar ou difundir esta modalidade deportiva.

 Premios:

 Mellor deportista masculino e feminino absolutos

Mellor deportista masculino e feminino base

Mellor deportista masculino e feminino proxección internacional

Mellor deportista masculino e feminino revelación

Mencións:

 Clubs destacados

Adestrador e adestradora do ano

Arbitra e arbitro do ano

Mellor club fomento base

 Campións e campioas de España

Colaboradores e patrocinadores


Publicado en Deportes
Visto 879 veces