O pasado sábado o Concello de Soutomaior recoñeceu nun acto no Castelo de Soutomaior aos deportistas do Club Náutico Arcade na súa modalidade de Esquí Náutico onde levan logrando uns meritorios resultados nos últimos anos logrando ser o club como mellor canteira en categorías basee.
Pablo Puentes, Lucia Muiños e Andrea Vilas proclamáronse campións galegos a tempada pasada.
O Alcalde, Agustín Reguera, entregou un obsequio a cada un dos compoñentes do equipo.
No mesmo acto o Club Náutico, por medio do seu presidente Adolfo Seoane, fixo entrega dos trofeos aos primeiros clasificados aos pescadores do seu Club nas distintas modalidades