fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 18 Decembro 2015 10:17

Trofeo Concello Soutomaior de Slot (Scalextric)

Trofeo Concello Soutomaior de Slot (Scalextric)

O club Slotmaior organiza o este fin de semana de o Trofeo Concello de Soutomaior de Slot. Unha carreira de resistencia de 6h no seu espectacular circuíto Ninco de 4 rúas, cos modelos de grupo C de Slot.It e un regulamento similar ao utilizado en pasados campionatos de Europa. Tendra lugar no local anexo á Caf. Piñeiro situada na estrada Soutomaior-Pontecaldelas a uns 300 metros da casa do Concello de Soutomaior. O slot (Scalextric) , autoestradas en miniatura ou fórmula de salón é un deporte competitivo consistente en facer correr os automóbiles a escala equipados con motores eléctricos o máis velozmente posible por unhas pistas equipadas con ranuras especialmente deseñadas para iso, de onde se alimentan eléctricamente os coches e é destas ranuras polas que vén o nome do termo inglés "slot". A carreira desenvolverase en 2 a 4 series de 6h, os días venres 18 , sábado 19 e domingo 20 de Decembro. Os equipos serán de mínimo 2 e máximo 3 integrantes en cada equipo tendo que correr os integrantes do equipo un mínimo do 40% da carreira. Coche: Serán admitidos todos o grupo C da marca slotit. A carrocería ten que ser estritamente de serie podendo retirar diferentes partes en cada modelo para a colocación da suspensión pero sempre estando no peso mínimo de cada modelo asignado nunha táboa. Horarios de próbalas Venres de 17.00h a 03:00h Sabado de 15:00h a 00.30h Domingo 10.00h a 19:00h


Publicado en Deportes
Visto 4277 veces