O Concello de Soutomaior pon en marcha, a partir do próximo luns, o período de inscrición das clases de verán de tenis e pádel que terán o seu desenvolvemento nos meses de xullo e agosto nas pistas da Montesiña. As clases estarán destinadas a dous grupos de idades: os adultos (maiores de 18 anos) e os xunior (de 14 a 18 anos) Os días e horarios dependerá da dispoñibilidade dos rexistrados e dos distintos grupos que se poidan formar.
PÁDEL Xunior:
- Horario: De luns a venres en horario de mañá
- Participantes: 4 - 5 por grupo
- Horas semais: 2
- Idade mínima: 14 anos
TENIS Xunior:
- Horario: luns e mércores a partir das 20:00 h
- Participantes: 4 - 6 por grupo
- Horas semais: 2 h
PÁDEL Adultos:
- Horario: De luns a venres a partir das 19:00 h
- Participantes: 3 - 4 por grupo
- Horas semais: 1 h Polas mañás según dispoñibilidade horaria
TENIS Adultos:
Perfeccionamento
- Horario: Luns de 20:00 a 21:00 h
- Participantes: Máximo 6 participantes por grupo.
Iniciación
- Horario: Luns 21:00 a 22:00 h
- Participantes: Máximo 6 participantes por grupo
- Número mínimo de inscritos por grupo: 4
Avanzados
- Horario: Mércores de 21:00 a 22:30 h
- Participantes: Máximo 5 participantes por grupo
- Número mínimo de inscritos por grupo: 3
O período de inscricións finaliza o venres 26 de xuño.
Información e inscricións no Pavillón Municipal no horario de 20:30 a 22:30 h.