fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 05 Agosto 2020 09:43

Liga Nacional de Billarda

Liga Nacional de Billarda

Sábado 8 de agosto a partir das 16,30 h. - Campo Fútbol de Salgueirón

Todos os seus xogador@s practican mediante a billarda diversas habilidades como a intuición manual, as boas referencias oculares, a coordinación motora, velocidade e precisión do lanzamento... Todo, para gañar destreza nun xogo que conecta co golf e o béisbol.

Tamén se fai uso dun bate, co que se golpea unha billarda (un pequeno pau apuntado realizado en madeira de toxo, castiñeiro, etc) que posteriormente se lanza o máis lonxe posible, tentando alcanzar unha marca coñecida como varal.

A LNB está organizada en 3 Conferencias: NorlesteNoroeste e Rías Baixas. Cada Conferencia disputa un numero de xornadas anuais. É unha liga Aberta, calquera pode incorporarse en calquera momento da temporada. Ao final da temporada celébrase a FinaLNB. Participan nesta final aquelas persoas que se clasificaron pola súa Conferencia respectiva.

A billarda conecta con moitas culturas con deportes semellantes, como Escocia ou a India, e a un tempo está profundamente enraizado na nosa identidade. É un dos feitos que explican que ano a ano gañe xogadores.

 A Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia recoñeceu, mediante resolución, á billarda como modalidade deportiva oficial na comunidade autónoma.

Esta xornada está organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Billarda Rías Baixas co patrocinio do Concello de Soutomaior e a colaboración do C.D. Arcade


Publicado en Deportes
Visto 646 veces