fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 04 Setembro 2020 11:17

Escolas Deportivas 2020-2021

Escolas Deportivas 2020-2021

O Concello de Soutomaior pon en marcha as Escolas Deportivas 2020-2021.

Pádel e tenis (infantil e adultos), Baile moderno e de salón, patinaxe, ximnasia rítmica e acrobática, iniciación ao deporte , multideporte, natación, baloncesto e actividade física para adultos son as distintas opcións deportivas das Escolas Deportivas Municipais.

O inicio está previsto para o luns 5 de outubro e seguirase un minucioso protocolo de actuación ante o covid 19.

Debido a iso as prazas das distintas Escolas Deportivas doutros anos ven reducidas nunha ampla porcentaxe polo que se terá en conta a data de inscrición achar chegar ao límite fixado de prazas (terán preferencia os empadroados no Concello).

A información e as inscricións pódense realizar desde o martes 8 ata o luns 21 de setembro no Pavillón Municipal a Montesiña. (Horario a partir das 18,30 h)


Publicado en Deportes
Visto 1208 veces