Debido ás novas medidas que alivian varias das restricións deportivas debido ao COVID en Galicia, o Concello de Soutomaior inicia, a partir do venres ás 00,00 horas, a apertura das pistas de tenis e pádel xa que a orde da Xunta permite que ata catro non conviventes poidan facer deporte de maneira conxunta.
Tamén se volven a retomar as clases de tenis e pádel dirixidas a adultos
As normas de uso serán as seguintes:
• Prohibido acceder ás pistas sen reserva previa
• Obrigatorio o uso de máscara (excepto práctica deportiva federada)
• Lavarse as mans antes de entrar cos medios postos a disposición
• Non acceder aos arredores da pista ata que a quenda anterior abandóneas.
Seguir as recomendacións preventivas das Autoridades Sanitarias dirixidas a reducir a expansión do COVID-19
As reservas pódense realizar no Pavillón da Montesiña a partir das 18,15 horas de luns a venres ou na páxina web www.soutomaior.com.
Lembrar que existe un regulamento de uso das pistas municipais que debe de ser cumprido e de non ser así ocasionará as sancións contempladas no Art.4 Apdo.23