fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 22 Marzo 2021 09:29

Posta en servizo das novas pistas de tenis e petanca

Posta en servizo das novas pistas de tenis e petanca

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou , acompañado polos deputados provinciais, Héctor Santos e Ana Laura Iglesias, dúas actuacións que o Concello acaba de poñer en servizo e que foron financiadas a través do Plan Concello da Deputación de Pontevedra, as novas pistas de tenis e petanca na Montesiña e o último tramo da rede de saneamento dese mesmo barrio.

A nova pista de tenis ten como obxectivo cubrir as necesidades federativas do equipo local que necesita dispoñer dunha segunda cancha para poder participar na liga galega. Ademais, xunto a esta pista, o Concello instalou un novo campo de petanca para satisfacer a gran demanda deste deporte no municipio e que ata o de agora só gozaban dunha pista oficial no paseo marítimo de Arcade.

Do mesmo xeito, os traballos de mellora na rede de rede de sumidoiros consistiron na instalación de case 700 metros de novas conducións e conexións. Ademais, para garantir o correcto funcionamento da rede de saneamento a pesar dos grandes desniveis do barrio da Montesiña, instalouse un pozo de bombeo equipado cunha electrobomba de gran potencia. A instalación deste último tramo de rede de sumidoiros estaba destinada a dar servizo ao complexo deportivo da Montesiña e ao campo de fútbol Municipal de Candán “ Graciano Padin”, onde xoga o CD Soutomaior.


Publicado en Deportes
Visto 578 veces