fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 22 Febreiro 2016 13:08

III Carreira popular da Ostra

III Carreira popular da Ostra

O Concello de Soutomaior fixo a presentación da III Carreira Popular da Ostra por medio do seu Alcalde Agustín Reguera e o delegado de deportes Paco Iglesias.

A carreira disputarase o domingo 27 de marzo nun percorrido para os sénior e veteranos de 5.350 metros que discorrerá polo paseo marítimo e as rúas de Arcade fixándose a saída e a meta no peirao de Arcade. A parte da carreira dos sénior haberá distintas carreiras e distancias segundo a idade dos participantes (pitufo,benjamín,infantil,etc.)

A clasificación será por categorías e absoluta. Premiaranse os tres primeiros clasificados homes e mulleres en cruzar a meta. Tamén haberá un premio especial ao mellor clasificado nado ou censado no Concello de Soutomaior tanto en categoría masculina como feminina.

Para as categorías junior, promesa, sénior e veterano o deportista terá unha cota de inscrición de 5 € mais 1 € de aluguer do chip (obrigatorio o seu uso) que será devolto ao finalizar a carreira e entregalo.

Para o resto das categorías e para todos os participantes censados no Concello de Soutomaior a inscrición será gratuíta.

Os empadroados no Concello de Soutomaior poderán inscribirse no Pavillón Municipal ata o mércores 23 de marzo e o resto de participantes terán que facelo na páxina web www.cronotec.es/www.gestsportgalicia.es.

O regulamento, percorrido, etc. poderanse consultar na mesma páxina web do Concello de Soutomaior ou en www.cronotec.es.

A III Carreira da ostra ao celebrarse a semana anterior á festa da ostra servirá de promoción turística, afirma o Alcalde Agustín Reguera, e a anima a todos a participar nesta carreira popular onde o mesmo participará aínda que o seu tempo, confesa, non estará entre os 200 primeiros.


Publicado en Deportes
Visto 5239 veces