fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 01 Marzo 2016 13:29

Kick Boxing Club Arcade

Kick Boxing Club Arcade

O Club Kick Boxing Arcade obtén 11 medallas de ouro 6 de prata e 3 de bronce nos campionatos galegos de kick boxing modalidade semi-conmtact celebrados en Arzua o fin de semana pasado.

Os campións galegos foron Ruben da Torre e Izan Sotelino en 8 e 9 anos, masculinos sendo as campioas femininas Naiara Pereira, (10-11-12 anos) en 13-14-e anos Noemi Martinez e Sofia Alvarez. En sénior masculino obtiveron a medalla de ouro Óscar Carracelas,Iago Boullosa , Antonio Martinez e Walter Blanco sendo campioas femininas as laureadas de maneira habitual Paula Sobral (-55 Kg) e Verónica Alvarez (-65 kg)

Como medallistas de prata e subcampións Sofía Martinez, Rodrigo Santos, Ismael Pardo, Nerea Gonzalez e Alejandro Peralta.

Chegaron ao terceiro lugar do pódium Hugo Gonzalez, Fatima Rodríguez e Heorhi Buslau.

Con estes resultados o Kick Boxing Club Arcade segue sendo o club galego con máis títulos nos distintos campionatos e modalidades á vez que é o club con mellor canteira de todos os participantes.

O seu adestrador Manuel Alvarez e ao Club foilles recoñecida o seu labor na 1ª GALA DO KICKBOXING GALEGO polos seus méritos deportivos e pola promoción e fomento do Kickboxing


Publicado en Deportes
Visto 4075 veces