fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 01 Xullo 2021 09:34

O Kick Boxing Club Arcade ao Campionato de España

O Kick Boxing Club Arcade ao Campionato de España

12 deportistas do club Kick Boxing Arcade, integrados na selección galega, participarán desde o 1 ao 4 de xullo no Campionato de España de Kick Boxing que se celebrará en Azuqueca de Henares (Guadalaxara.)

Os competidores do club son: Mara Ricón, Cael Salamy, Mia Sofia,David Sobral, Naiara Pereira, Fátima Rodriguez, Anxo Vidal, Nairara Penas, Verónica Alvarez,Adrian Sabajanes,Óscar Carracedas e Francisco Javier Sotelino.

Participarán en diferentes categorías de peso. Todos os deportistas galegos estarán dirixidos, como seleccionador, por Manuel Alvarez (Lito)

Así mesmo tamén hai que felicitar aos máis pequenos do club que no Campionato Galego conseguiron 5 ouros,4 pratas e 4 bronces


 


Publicado en Deportes
Visto 438 veces