fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 08 Marzo 2016 13:13

Deporte en idade escolar - Xeocaching

Deporte en idade escolar - Xeocaching

Os colexios Curros Enríquez de Pazos de Borbén, Toural de Vilaboa, Cedeira de Redondela e Santiago Apóstol de Soutomaior completaron hoxe a actividade de Xeocaching enmarcada dentro do programa Xogade.

O programa XOGADE combina o programa deportivo e competitivo cun programa lúdico e participativo para os escolares dos centros educativos de toda Galicia.

A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración da Agrupación Deportiva 14 (que coordina o deporte en idade escolar de Redondela, Pazos,Vilaboa e Soutomaior,)organiza o programa XOGADE no comezo de cada curso escolar cunha duración de setembro a xuño.

O Xeocaching consiste en esconder obxectos e posteriormente apuntar as coordenadas xeográficas dese punto mediante un receptor GPS e mediante unha aplicación de móbil facelas públicas para que outras persoas poidan efectuar a súa procura.

Os escolares participantes axudados por compases e mapas foron localizando distintas pistas na zona do refuxio de pescadores do rio Oitavén e alí pasaron unha asollada mañá no medio dunha paraxe espectacular.


Publicado en Deportes
Visto 2929 veces