Mércores, 13 Outubro 2021 13:49

Kick Boxing Club Arcade Nº1 en Galicia

Kick Boxing Club Arcade Nº1 en Galicia

A pasada fin de semana no Irixo (Ourense) celebrouse  a copa Deputación de Ourense e o campionato de clubs de Galicia onde o Kick Boxing Club Arcade proclamouse novamente como o mellor club de Galicia colleitando a cantidade de 34 ouros,17 pratas e 6 bronces.

Este campionato disputouse nas modalidades de Point-Fighting, Light-Contact e Kick-Light e nas categorías de infantís, cadetes, xunior e senior.

Os representantes do Kick Boxing Club Arcade que subiron ao latexo de pódium coas súas medallas de ouro foron: Alex Cabaleiro,Afasto Boullosa, Daniel Casal, Cael Wan Zalimy, Mara Ricón, Judith Duarte, Eduardo Vidal, David Sobral,Pablo Veiga, Gabriel Romero, Rubén da Torre, Mia Wan Zalimy, Anxo Vidal, Fátima Rodriguez, Óscar Carracela, Óscar Soto, Adrián Sabaxáns e as irmás Sofía e Veronica Alvarez.

Un novo éxito dos deportistas do Club Arcade que seguen no nº1 de Galicia e entre a elite dos clubs nacionais.


 


Publicado en Deportes
Descargar adjuntos:

MEDALLERO COPA DEPUTACIÓN OURENSE (40 Descargas)
Visto 448 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Kick Boxing Club Arcade Nº1 en Galicia

13-10-2021 / Deportes

A pasada fin de semana no Irixo (Ourense) celebrouse  a copa Deputación de Ourense e o campionato de clubs de Galicia onde o Kick Boxing Club Arcade proclamouse novamente como o mellor club de Galicia colleitando a cantidade de 34 ouros,17 pratas e 6 bronces. Este campionato disputouse nas modalidades de Point-Fighting, Light-Contact e Kick-Light e nas categorías de infantís, cadetes...

Escolas Deportivas Municipais 2021-2022 – Grupos e horarios

01-10-2021 / Deportes

O vindeiro luns día 4 de outubro iniciaranse as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Soutomaior onde se inscribiron, entre infantís e adultos, máis de 300 participantes. Debido ao enorme volume de rexistrados, e coa intención de que ninguén quede fóra das Escolas Deportivas , modificáronse minimamente algúns grupos dalgún deporte. Achegamos os grupos e horarios das Escolas Infantís para a súa...

Anxo Vidal medalla de ouro na Copa do mundo

30-09-2021 / Deportes

Anxo Vidal, competidor do Kick Boxing Club Arcade, obtivo unha magnifica medalla de ouro (modalidade kick light) na copa do mundo celebrada en Budapest ( Hungria) neste mes de setembro. Noutras modalidades obtivo un 5º posto en pointfighting e unha medalla de bronce en light contac. Parabén a Anxo e ao Kick Boxing Club Arcade que seguen cultivando espectaculares resultados en todas...

Escolas Deportivas 21-22

10-09-2021 / Deportes

A partir do próximo luns día 13 ata o venres 24 de setembro no Pavillón Municipal ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas 21-22. O inicio das actividades será o luns 4 de outubro. As modalidades deportivas son as seguintes: Iniciación ao deporte, pádel e tenis (infantil e adultos),ximnasia rítmica e acrobática, baloncesto, actividade física para adultos ( AFA),baile moderno...

Reservas pistas de tenis e pádel

01-09-2021 / Deportes

A partir de hoxe, primeiro de setembro, as reservas das pistas de tenis e pádel realizaranse novamente no Pavillón Municipal da Montesiña con horario a partir das 18,30 horas

Parque aventuras en Comboa

11-08-2021 / Deportes

Mañá xoves día 12 a partir das 16,00 horas poñerase en marcha o parque de aventuras na praia fluvial de Comboa. Desde o día 12 ata o 29 de agosto en horarios de 11,30 a 13,30 h pola mañá e de 16,00 a 19,00 horas pola tarde. Constará de tirolina, pasarela de rulos de madeira, ponte de troncos e pasarela de...

TV Concellería de Deportes