fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 10 Decembro 2021 13:41

Nova cuberta pista pádel

Nova cuberta pista pádel

Hai uns días finalizou a instalación da cuberta da pista de pádel nº3 que era a única que permanecía ao descuberto e cuxo uso estaba moi por baixo das outras dous debido ao mal tempo e ás choivas.

A superficie cuberta de pista é de 324,08 m² (22,24x14,57 m)

Construíuse mediante estrutura metálica formada por piares HEI120A e HEI240A e vigas IPE270 e IPE140. A cuberta é de dúas augas no seu volume principal con cuberta a unha auga nun dos laterais longos.

O material de cobertura é de panel de cuberta liso formado por dobre chapa de aceiro pre lacada de 0.5 mm de espesor, con illamento intermedio de 30 mm de poliuretano e panel de 30 mm.

Para mellorar o uso das distintas pistas iniciarase un proceso de cambio de céspede en cada unha delas xa que o uso continuo, tanto para as numerosas inscricións na clases das escolas deportivas, como para o club federado do Concello como para os usuarios particulares, necesitaban unha nova superficie mellorada polo que se instalará un céspede de última xeración.

Posteriormente acometeranse obras de acondicionamento de terreo onde se instalou a nova cuberta e con iso o melloramento destas instalacións deportivas adxacentes ao pavillón xa que o seu numeroso uso así o aconsellaba para seguir ampliando a oferta deportiva do Concello de Soutomaior.


 


Publicado en Deportes
Visto 915 veces