fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 15 Marzo 2022 12:08

Carrera infantil da ostra 2022

Carrera infantil da ostra 2022

O vindeiro domingo 27 de marzo a partir das 11,30 horas volve celebrar a carreira infantil da ostra no Peirao de Arcade.

As inscricións poderanse realizar, ata o 23 de marzo, no Pavillón Municipal ou en liña en https://gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2765/carreira-infantil-da-ostra (inscricións en liña)

Debido a que hai que relacionar os participantes para o seguro non se admitirán inscricións o día da carreira.

Os participantes dividiranse nas seguintes categorías:

  • Infantil: Nacidos nos anos 2008-2009
  • Alevín: Nacidos nos anos 2010-2011
  • Benjamín: Nacidos nos anos 2012-2013
  • Prebenjamín: Nacidos nos anos 2014-2015
  • Biberón: Nacidos no ano 2016 e posteriores.

Todos os deportistas terán a súa medalla de participación así como os tres primeiros de cada proba.

Instalarase unha carpa con cátering para os participantes e haberá unha ambulancia asistencial por se xorde calquera incidencia.

Distancias aproximadas a percorrer: Infantil: 1000 m., Alevín: 600 m., Benxamín: 400 m.. Prebenxamín: 300 m., Biberón: 200 m.

 


Publicado en Deportes
Visto 1632 veces