fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 16 Xuño 2022 14:48

O campionato de España de Tiro con arco 3D enche os hoteis de Soutomaior con máis de 200 participantes de toda España

O campionato de España de Tiro con arco 3D enche os hoteis de Soutomaior con máis de 200 participantes de toda España

Máis de 200 tiradores de todas as comunidades autónomas danse cita esta fin de semana no Castelo de Soutomaior para participar no Campionato de España de 3D, unha das modalidades de tiro con arco con máis seguidores.

A chegada dos participantes supuxo unha auténtica revolución para os hostaleiros e hostaleiros do Concello que estes días colgan o cartel de cheo. Espérase que a chegada destes visitantes, que na súa maioría veñen acompañados pola súa familia e amigos, teña un importante impacto económico en Soutomaior.

Neste sentido, Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior, destacou o beneficioso deste evento para o  Concello, xa que “non é só que varios centenares de persoas vaian pasar uns días en Soutomaior, é que van descubrir un lugar que non coñecían e ao que de seguro que volven no futuro”.

O propio alcalde desprazouse esta mañá ata o Castelo de Soutomaior para saudar aos responsables da organización, quenes aseguraron estar moi satisfeitos cas múltiples posibilidades que lles abre unha paraxe como o dos xardíns do Castelo. Ademais, destacaron a importancia deste evento que “terá representación de todas as comunidades autónomas” e que “é a primeira vez que se celebra en Galicia”.

Toca agora esperar a que o tempo permita unhas xornadas cómodas, aínda que non se plantexan a posibilidade de aprazar o certame pola choiva. O Domingo, o alcalde será o encargado de pechar a competición nunha entrega de premios que está programada para as 14.00 horas.

 


Cartel Cartel

Publicado en Deportes
Visto 115 veces