A representante do club local LucySalsarrica Danza e deporte Lucia Cardero desprazarase ao XI mundial de salsa que se celebrará os días 22 e 23 de outubro na cidade de Calpe (Alacante).
Como solista feminina terá como rivais a competidoras de 26 países de 4 continentes.
A Negra Dance Festival, É un super festival de baile con talleres e festas que ademais inclúe cada ano o Mundial de Pasos Libres "A Negra Salsa" e agora o Mundial de Pasos Libres de Bachata tradicional.
Artistas de vangarda, talleres, praia, piscinas, festas e competidores de fama mundial de máis de 20 países reúnense cada ano neste gran evento que inclúe o prestixioso Mundial de Pasos Libres A Negra Salsa que este 2022 celebra o seu XI Aniversario.
Sabemos que a estas alturas Lucia Cardero está adestrado á máxima intensidade para chegar preparada a este evento internacional.
Moito ánimo e moita sorte para a representante do noso club local de danza e deporte.