fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 26 Xullo 2022 14:02

O concello pon a disposición dos deportistas unhas axudas económicas para que poidan perseguir as súas metas

O concello pon a disposición dos deportistas unhas axudas económicas para que poidan perseguir as súas metas

A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, propón a convocatoria de axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva.

As bases reguladoras da concesión destas axudas establécense de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

DESTINATARIOS/AS

Os/as que participen en competicións deportivas oficiais tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.

Os/as aspirantes terán que cumprir os seguintes requisitos:

 

  • Estar empadroado no Concello de Soutomaior antes do 01-01-2022
  • Estar federado no período para o que se solicita a axuda e na data de solicitude da mesma dentro da modalidade que practiquen.   

 

As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello ou ben a a través dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Así mesmo, tamén poderán presentar a súa solicitude electrónicamente a través de http://soutomaior.sedelectronica.es/

Data límite para a presentación de solicitudes: 16 Agosto

Cada deportista só poderá optar a unha única axuda, independentemente do número de modalidades deportivas que practique.

 

As solicitudes (Anexo I) virán acompañadas da seguinte documentación:

 

  1. Fotocopias do DNI do solicitante e do pai,nai ou titor  e do libro de Familia no caso de menores de idade
  2. Certificado orixinal de empadroamento do concello de Soutomaior.
  3. Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas polo solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas (nacionais ou estranxeiras) para o financiamento da actividade para a que se solicita a axuda (Anexo II).
  4. Declaración xurada de non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario da subvención conforme ao disposto no art. 13 da Lei xeral de subvencións. (Anexo III).
  5. Declaración xurada de estar ao corrente das obrigas coa Axencia Tributaria autonómica, coa facenda galega e coa Seguridade Social. (Anexo IV)
  6. Fotocopia da licenza federativa que deberá estar vixente.
  7. Memoria deportiva do ano 2021, indicando o carácter de cada competición onde se participou (provincial, galego, estatal ou internacional).

 

As bases completas e anexos pódense descargar na páxina web www.soutomaior.gal


Publicado en Deportes
Visto 730 veces