fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 31 Outubro 2022 13:58

Noite para non esquecer: Unha Gala do Deporte Emocionante e Divertida

Noite para non esquecer: Unha Gala do Deporte Emocionante e Divertida

O pasado venres celebramos a IV Gala do Deporte Concello de Soutomaior. Presentada polo xornalista da TVG, Terio Carrera, ata 30  deportistas subiron ao escenario do Multiúsos para recibir os seus premios da man do Alcalde, do presidente da FUTGAL, e do Xefe de Servizos de Deportes da Xunta.

Cabe destacar que os premios foron outorgados polos propios representantes dos distintos clubs do Concello, que votaron por aqueles deportistas e agrupacións que destacaron nas súas modalidades no último ano.

Estamos moi orgullosos de poder recoñecer o espléndido traballo a todos e todas os/as premiados/as. Estamos seguros de que este premio servirá para motivalos e agradecerlles  a boa imaxe que deixan do noso concello alá a onde van a competir.

Sen embargo, un dos momento máis emocionantes da noite ocorreu durante o discurso final do Alcalde, que non quixo despedir a Gala sen facerlle unha merecida homenaxe a Paco que durante tantos anos ten sido o encargado de potenciar e apoiar o deporte no noso Concello e que este ano se xubilou. Tras recibir unha placa de mans do alcalde, Paco quixo agradecer a todas as persoas cas que traballou nos últimos anos, facendo especial mención ao grupo de goberno; a Silvia e Raquel, que tan ben xestionan as actividades do Pavillón; e aos presidentes de todos os clubs “cos que sempre me entendín moi ben e que sempre puxeron da súa parte polo ben do deporte do Concello”.

Nesta edición da Gala do Deporte do Concello de Soutomaior, resultaron premiados: Martina Senra; Juan Carlos del Valle; o Equipo prebenxamín CD Soutomaior; Yago e Alexia Ortega; Eleuterio Gómez e Manuel Orge;  Juventino Lorenzo; Valeria e Lucia Cima;  Rita e Rosalía Lorenzo; Aldara Cabaleiro; Drordje Ciric; Martín Acuña; a Asociación Veciñal Pozovello; Basilio Vidal; Jose Angel e Izaskun Tellería; Carlota Otero; Iria Boullosa; Sabela Lourenzo; o Grupo Show do Club Patinaxe Soutomaior; Daniela Alvarez; o Equipo Alevín do C.D.Arcade; Camilo Ferradanes e Ramón Pérez; o  Equipo A Femenino do club de tenis e pádel Soutomaior; Cael, Naiara e Mara do Kick Boxing Club Arcade.

 

GRAZAS A TODOS/AS!


Publicado en Deportes
Visto 486 veces