fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 04 Mai 2016 12:50

Liga Nacional de Billarda

Liga Nacional de Billarda

Campo Municipal de Salgueirón (Arcade) Sábado 7 de Maio a partir das 17,00 horas

A Liga Nacional de Billarda creóuse no ano 2005 na Mariña Lucense. A súa estructura organizativa abrande a día de hoxe 4 conferencias distribuídas xeográficamente en 3 provincial: Pontevedra, A Coruña e Lugo. A Conferencia Rias Baixas naceu en 2011 e nela compiten equipos das comarcas de O Salnes, Morrazo, Pontevedra e Vigo.

As xornadas de liga celébranse en lugares destas comarcas. Un dos obxetivos da LNB é recuperar e fomentar a práctica dabillarda alá onde quedou no esquecemento, pois creemos que este deporte tradicional representa uns valores sociais e culturais de seu que os nosos antepasados conseguiron manter vivos e trasmitilos ás novas xeneracións.

Deste xeito, esta temporada 2015-2016 dispútarase por vez primeira una xornada de liga no Concello de Soutomaior máis concretamente en Arcade no Campo Municipal de Fútbol de Salgueirón.

A participación media por xornada é de 74 persoas de todas as idades, pois o sistema de competición permite xogar xuntos a competidores en idade infantil, senior e veterana, e a mulleres e homes.


Publicado en Deportes
Visto 3284 veces