fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 02 Xuño 2016 09:31

O Arcadia Feminino á final de copa Deputación de Fútbol Feminino

O Arcadia Feminino á final de copa Deputación de Fútbol Feminino

Hoxe xoves a partir das 21,00 horas no Campo Municipal de Salgueirón (Arcade) disputarase a final de copa Deputación de Pontevedra de fútbol feminino entre o Arcadia E.F. e o Atlético Arousana.

O equipo local Arcadia E.F. (equipo feminino do C.D.Arcade) plántase na final dunha maneira cómoda ao derrotar ao SCD Salcedo por 0-6. O Atl. Arousana tivo máis dificultades para impoñerse ao Pornovo S.D. por 2-1.

O Arcadia E.F. xoga na liga galega de 1ª división, ascendendo a tempada pasada, e logrando un meritorio 4º posto na liga que finalizou hai uns días.

Pola súa banda o Atl. Arousá milita na 2ª Nacional. Un club pioneiro no fútbol feminino e destaca polo seu traballo nas categorías inferiores. Na súa difícil liga tamén se clasificou no 4º lugar.

As de Arcade, a pesar da diferenza de categoría e das baixas por lesión , esperan poder poñer en aprietos ás arousás e así culminar de maneira brillante esta tempada.


Publicado en Deportes
Visto 3240 veces