fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 15 Xullo 2016 13:58

Festa da Bicicleta 2016

Festa da Bicicleta 2016

Mañá sábado a partir das 19,30 horas e con saída desde o Peirao de Arcade celebrarase a Festa da Bicicleta onde se espera participen mais de 200 ciclistas.

Para os mais pequenos adaptarase un circuíto pechado con monitor no mesmo recinto da saída e os maiores realizarán un traxecto desde o Peirao ata o Pavillón onde haberá unha escala técnica que se aproveitará para tomar un refrixerio.

É necesario e obrigatorio que todos os que participen no circuíto de maiores leven o seu correspondente casco de seguridade.

Ao finalizar a carreira sortearanse dúas bicicletas entre os participantes así como mais de 30 lotes de agasallos.

A organización contará con coche escoba, ambulancia asistencial e coa colaboración da Policia Local, Club Ciclista Arcade e Motoclub Os Pejos.


Publicado en Deportes
Visto 3400 veces