fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 12 Decembro 2016 10:51

Festival Nadal Artmadance

Festival Nadal Artmadance

O  Centro Deportivo Artmadance prepara para este domingo 18 de decembro ás 16,30 horas no Pavillón da Montesiña o seu Festival de Nadal.

A súa directora Lucia Cardero presentaranos entre outras actuacións as compañías de baile as swing girls, bailes latinos, por parellas, etc.

Tamén terá o seu espazo o Karate da man de Diego Cancela como profesor así como kangoo power infantil e adulto.

A música en directo virá da man de David Cabaleiro (componente do grupo A Roda) e Miguel Chapela.

Por último Sabela Cordoba a encargada de ballet presentará aos máis pequenos desta modalidade.

A apertura da instalación realizarase ás 16,15 horas e a entrada custará 2 € con aforo limitado.


Publicado en Deportes
Visto 4208 veces