fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 02 Marzo 2017 10:50

Campionato Galego Kick Boxing

Campionato Galego Kick Boxing

Este domingo día 5 de marzo a partir das 10,00 horas no Pavillón Municipal A Montesiña disputarase o Campionato Galego de Kick Boxing modalidade de point fighting (semi contacto) en todas as categorías infantil e senior e nos seus respectivos pesos.

O campionato está coorganizado por Kick Boxing club Arcade e a Federación Deportiva Galega de Kick Boxing contando co patrocinio do Concello de Soutomaior.

Será clasificatorio para o campionato de España e disputarano mais de 200 deportistas pertencentes a 18 clubs das catro provincias Galegas


Publicado en Deportes
Visto 3129 veces