fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 15 Marzo 2017 17:40

IV Carreira Popular da Ostra

IV Carreira Popular da Ostra

DOMINGO 26 DE MARZO

Arcade prepárase para celebrar unha das súas maiores citas festivas como é a Festa dá Ostra, que se celebrará o próximo 1 e 2 de abril, e, para abrir boca, o Concello de Soutomaior propón o que xa se está convertendo nun clásico do municipio, a Carreira Popular da Ostra. A cita presentouse na Casa do Concello e celebrarase o domingo 26 deste mes de marzo coa intención de acoller a máis de 300 participantes de diversas idades nun circuíto que percorrerá os grandes atractivos da localidade, como o camiño de Santiago ou o paseo que conecta varias das súas praias.

 

As inscricións pódense realizar na páxina www.cronotec.es ata o día 22 e o prezo é de 5 euros salvo para os empadroados en Soutomaior que será gratuíta, e que terán que realizar a inscrición no pavillón da Montesiña en horario de tarde ata o día 23. Os máis pequenos poderán inscribirse de maneira gratuíta ata media hora antes da carreira.

 

O obxectivo da organización, lonxe da competitividade, é involucrar a todos os veciños nun evento de exaltación do deporte e a vida saudable.O percorrido terá unha distancia de pouca máis de cinco quilómetros e unha das novidades deste ano é que se realizará en sentido inverso ao habitual para facelo máis accesible e restarlle dureza. A área recreativa do Peirao deArcade será a protagonista absoluta da proba, xa que nela instalaranse tanto a liña de saída,como a meta,ademais da recollida de dorsais.

Os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da categoría absoluta recibirán un trofeo conmemorativo mentres que nas categorías inferiores os participantes recibirán unha medalla de recordo.

As distancias e horarios da carreira son:

  • 12:00h CARREIRA ABSOLUTA 5.300m
  • 12:45h Chupete (0 a 5 anos) 100m
  • 12:55h Pitufo/a (6 a 7 anos) 300m
  • 13:00h Benxamín (8 a 9 anos) 500m
  • 13:10h Alevín (10 a 11 anos) 500m
  • 13:15h Infantil (12 a 13 anos) 1.000m
  • 13:20h Cadete (14 a 15 anos) 1.000m
  • 13:25h Xuvenil (16 a 17 anos) 1.200m

Publicado en Deportes
Visto 3551 veces

Medios