O Kick Boxing Club Arcade logra no campionato galego da modalidade de lixeiro contact 13 medallas de ouro, 3 de prata e 7 de bronce.
Este campionato galego celebrouse no Pavillón Paco Paz de Ourense o fin de semana pasado.
Con estes resultados o Kick Boxing club Arcade segue encabezando o ránking de club con mais medallas nos campionatos galegos da modalidade sobre todo en categorías base.
Os premiados foron:
Medallas de ouro e campións galegos: Anxo Vidal, Pablo Riveiro, Naiara Pereira, Sofía Álvarez, Noemi Martinez, Andrea Monteagudo, Cael Andrew, David Sobral, Hugo Sobral, Alonso Fernandez, Nikol Duarte, Fátima Rodrigues e David Reguera.
Medallas de prata e subcampións galegos: Rodrigo Santos, Anxo Crusat e Rubén Dario
Medallas de bronce: Walter Branco, Yago Bugallo, Jonathan Benitez, Miguel Goberna, Ainhoa Cabaleiro, Hugo Gonzalez e Ruben De la Torre
Felicitamos aos nosos representantes encabezados polo seu adestrador Manuel Alvarez “Lito”