fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 25 Mai 2017 13:29

Final Copa Liga Fútbol Sala

Final Copa Liga Fútbol Sala

Mañá venres a partir das 21,30 h no Pavillón Municipal a Montesiña disputarase a final de copa corresponde a Liga Local de Fútbol Sala do Concello de Soutomaior entre os equipos Ximnasio Arcade e Innovar.

Ximnasio Arcade chega ata esta final despois de eliminar en semifinais por un contundente 17-5 nos partidos de semifinais ante o equipo de Elifra.  A volta ao equipo de Juan  Puertas (Xogador da liga Nacional de Fútbol sala) ponlles a condición de favorito para a final.

O outro finalista é o equipo de Innovar que cun resultado global de 11-6 deixo fóra da final ao equipo de M.A.Carpinteiro.

Ao final do encontro entregaranse os trofeos da tempada que quedaron da seguinte maneira:

Campión Liga:  Cafetería Piñeiro / Subcampión: Ximnasio Arcade/? 3º Clasificado: Ou Outeiro

Máximo goleador: Raúl Garrido do Cafetería Piñeiro

Premio á deportividade: Candán Autos


Publicado en Deportes
Visto 2561 veces