Os deportistas do Kick Boxing club Arcade foron homenaxeados no Festival de clausura das Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior. O Alcalde Agustín Reguera entregou a cada un dos deportistas un recordo polos seus brillantes resultados no campionato de España.
Os premiados foron as campionas de España, Sofía Alvarez e Nikol Duarte.
Estiveron tamén no máis alto de pódium Alonso Fernández, David e Hugo Sobral.
Como segundos e terceiros clasificados: Andrea Monteagudo, Fátima Rodríguez, Noemí Martinez, Naiara Pereira e Anxo Vidal.
Outro éxito máis do Kick Boxing Club Arcade o club máis laureado de Galicia na súa modalidade deportiva. O traballo de Manuel Alvarez (Lito) vese reflectido nos distintos torneos tanto a nivel provincial, autonómico como nacional.