fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 14 Xullo 2017 13:02

Reparación do campo do Rial

Reparación do campo do Rial

Nesta última semana procedeuse á reparación do campo multifuncional de herba artificial do Rial.

Os  invernos pasara factura a esta instalación deportiva que se deteriorou co paso do tempo polo que se procedeu á limpeza da herba artificial con auga a presión e posterior reposición de area de silicio.

Así mesmo procedeuse á limpeza de fondos e laterais con posterior capa de verniz nas partes de madeira.

Tamén se recuperaron os bancos adxacentes á instalación e unha mellora do parque infantil que se atopa no mesmo lugar.

A instalación atópase xa en perfecto estado para que a poidan gozar nenos e maiores este verán.


Publicado en Deportes
Visto 2438 veces