fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 23 Agosto 2017 11:21

XXXVIII Trofeo da Ostra

XXXVIII Trofeo da Ostra

Campo Municipal de Salgueirón (Arcade)- Domingo 27 de Agosto de 17,00 a 21,00 horas.

Este próximo domingo no Campo Municipal de Salgueirón celebrarase o XXXVIII Trofeo da Ostra de Fútbol.

Iniciarase ás 17,00 horas co encontro de futbol feminino entre o equipo local Arcadia,E.F e o SCD Pontecaldelas.

As locais inician esta tempada  cun novo  adestrador na 2ª autonómica galega e son favoritas para lograr o ascenso á máxima categoría do futbol feminino galego.

Ás 19,00 horas é a quenda para o equipo masculino do C.D.Arcade que se enfronta ao Pontevedra C.F. “B” con miras a unha nova tempada onde se tentarán consolidar na 2ª autonómica coa axuda das novas fichaxes desta tempada.

Un ano máis os equipos locais teñen a intención de que o trofeo quede na casa xa que é un dos mais antigos e prestixiosos torneos de verán  que se celebran en Galicia


Publicado en Deportes
Visto 2167 veces