fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 21 Setembro 2017 09:38

Data límite ata 21 de outubro

Axudas para deportistas individuais

Axudas para deportistas individuais

A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, convoca as axudas para impulsar a práctica deportiva,

Terán a consideración de deportes de carácter individual todos aqueles que, segundo a súa regulamentación, son practicados por un ou dous deportistas como máximo.

Os requisitos son os seguintes, entre outros,:

  • Estar empadroados no Concello de Soutomaior antes do 1-1-2017
  • Estar federado no periodo para o que se solicita a axuda

A data límite para a presentación das solicitudes será dun mes a partir do xoves 21 de setembro (data de publicación no BOPPO).

Para máis información poderase consultar na páxina web www.soutomaior.com e as solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Soutomaior


Publicado en Deportes

Información adicional

Visto 2130 veces