fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 22 Novembro 2017 12:53

Visita da Secretaria Xeral para o Deporte

Visita da Secretaria Xeral para o Deporte

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle,acompañada polo alcalde de Soutomaior Agustín Reguera, supervisaron onte o estado final do pavillón municipal de Soutomaior  tras as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia a tenor do convenio de cooperación asinado co concello de Soutomaior .

A máxima responsable do deporte galego salientou a importancia da coordinación entre as diferentes institucións públicas para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado e que cubra á perfección as necesidades da poboación galega.

Neste sentido, segundo o acordo asinado o pasado 18 de setembro, a Secretaría Xeral para o Deporte subvencionou a reparación da cuberta do pavillón municipal cunha achega de 15.000 euros.

A renovación da cuberta do pavillón da Montesiñaestá enmarcada no Plan de mantemento e mellora de instalacións deportivas do Concellode Soutomaior e “no que tamén están incluídas a renovación da pista polideportiva do pavillón e a construción dunha nova cancha de pádel para que o equipo local poida disputar competicións oficiais en Soutomaior”, manifestou Reguera, que aproveitou a ocasión para anticipar diversas actuacións noutras instalacións deportivas do municipio, como nos campos de futbolde Salgueirón e de Candán.

 


Publicado en Deportes
Visto 2635 veces