Deportes
Deportes +
Final Galega Series Nacionais de Pádel.
Despois dunha semifinal de infarto contra Pádel Vilalba, o equipo do Tenis & Padel Soutomaior conseguiu o pase á final no partido decisivo. A parella formada por Ricardo e Cholo fixeron un partidazo, gañaron no terceiro set e déronlle ao equipo o pase á final.
Pola tarde tocou xogar a final contra Pádel Bao. Presentábase unha xornada dura xa que o equipo rival contaba con boas parellas con xogadores moi competitivos. Pero o equipo conseguiu a victoria cun marcador final de 10-2, conseguindo levarse o título galego, e acadando o pase ao Máster Nacional que se disputará en Madrid o fin de semana do 9-10 de xuño no Pádel Reebok La Finca de Pozuelo de Alarcón.
Destacar o gran nivel de competición mostrado polos equipos do Tenis & Padel Soutomaior tanto na Liga Regular como no play off, o cal vai permitir ao equipo masculino vivir a experiencia de xogar no Máster Nacional.
Non queremos deixar de mencionar ao equipo femenino que tamén xogaron a final Galega. Despois dunha difícil eliminatoria, perderon por un axustado 5-7 contra o Let Pádel que, finalmente, proclamáronse campioas.
Deportes
28-03-2023 / Deportes
A carreira da Ostra desta mañá foi algo incrible. Preto de 500 participantes e moitos máis espectadores/as xuntáronse no Peirao de Arcade para gozar deste gran evento deportivo. Estamos moi satisfeitos co resultado. O nosos parabéns a todos os gañadores e gañadoras e moitísimas grazas aos/ás que participastes, vos sodes o motivo polo que seguimos organizando actividades de lecer saudable para...
24-03-2023 / Deportes
Este domingo celebramos unha nova edición da Carreira Infantil da Ostra que, como cada ano, reunirá a centos de familias no peirao e a moitos atletas que competirán nas distintas...
13-03-2023 / Deportes
Xa está aquí unha nova edición da Carreira Infantil da Ostra. O Domingo día 26 deste mes centos de nenos e nenas correrán no Peirao de Arcade nun gran evento...
31-10-2022 / Deportes
O pasado venres celebramos a IV Gala do Deporte Concello de Soutomaior. Presentada polo xornalista da TVG, Terio Carrera, ata 30 deportistas subiron ao escenario do Multiúsos para recibir os...
09-09-2022 / Escolas Deportivas
A partir deste lúns día 12 de setembro e ata o día 23 deste mes, todos os interesados poderán inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais, que ofertan unha gran variedade de...
01-08-2022 / Actividades de Verán (Deportes)
O pasada sábado Talo Río encheuse de familias que acudiron ao Festival de Clausura das Actividades de Verán. Empezamos cunha obra de teatro que encantou aos/ás máis cativos/as, para despois dar...
26-07-2022 / Deportes
A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, propón...
21-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)
Na última semana de actividades de verán deste ano, a cativada gozará de sesións de contacontos, hípica, actividades acuáticas, obradoiros de pintura e moito máis. Ademais, o sábado día 30...
Deportes +