fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 14 Febreiro 2018 10:25

Tenis & Padel Soutomaior a final do Máster Nacional en Madrid

Tenis & Padel Soutomaior a final do Máster Nacional en Madrid

Final Galega Series Nacionais de Pádel.

Despois dunha semifinal de infarto contra Pádel Vilalba, o equipo do Tenis & Padel Soutomaior conseguiu o pase á final no partido decisivo. A parella formada por Ricardo e Cholo fixeron un partidazo, gañaron no terceiro set e déronlle ao equipo o pase á final.
Pola tarde tocou xogar a final contra Pádel Bao. Presentábase unha xornada dura xa que o equipo rival contaba con boas parellas con xogadores moi competitivos. Pero o equipo conseguiu a victoria cun marcador final de 10-2, conseguindo levarse o título galego, e acadando o pase ao Máster Nacional que se disputará en Madrid o fin de semana do 9-10 de xuño no Pádel Reebok La Finca de Pozuelo de Alarcón. 
Destacar o gran nivel de competición mostrado polos  equipos do Tenis & Padel Soutomaior  tanto na Liga Regular como no play off, o cal vai permitir ao  equipo masculino vivir a experiencia de xogar no Máster Nacional.
Non queremos deixar de mencionar ao  equipo femenino que tamén xogaron a final Galega. Despois dunha difícil eliminatoria, perderon por un axustado 5-7 contra o  Let Pádel que, finalmente, proclamáronse campioas.


Publicado en Deportes
Visto 2182 veces