fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 25 Mai 2018 18:41

Visita didáctica á Horta Municipal

Visita didáctica á Horta Municipal

Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe a Horta Municipal. Acompañados polo profesorado do centro e dentro do programa formativo das materias de Bioloxía puideron coñecer unha experiencia práctica  sobre como funciona unha horta comunitaria que traballa en ecolóxico baixo os principios da biodinámica.

A mestra, acompañada dun hortelano e unha hortelana que participan actualmente no proxecto da Escola Municipal de Horta explicaron cal e o proceso para a posta en marcha dunha horta e como deben ser os coidados da terra e das prantas que nela se cultivan.  Os mozos e mozas participaron nunha experiencia didáctica ao aire libre que completa a súa formación en aula e que lles permite observar o crecemento das prantas e o funcionamento da natureza nun contexto real de aprendizaxe onde tiveron ocasión de facer preguntas e reflexionar sobre novas formas de cultivar adaptadas a novos estilos de vida sen esquecer toda a sabiduría popular e tradicional da nosa cultural agrícola e de horta.

Tiveron ocasión de observar materia orgánica que logo se transforma en compostaxe e comparar este abono natural con outros que non o son, comprobar que cando se traballa en equipo se poden conseguir mellores resultados e que a terra é unha fonte de riqueza que aporta moito benestar para as persoas que a traballan e a coidan. Para finalizar, O Alcalde e a concelleira de Educación explicáronlles cal foi o inicio do proxecto e como podían anotarse e participar nel.


Visto 1498 veces