Educación
Educación +
Axenda Educación

![]() |
Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío en horario de 18 a 20 h.
A programación inclúe actividades para todas as idades. Desde unha xincana para xogar e superar probas de xeito individual e grupal nas cales os/as participantes terán que ir demostrando coñecemento sobre temas medio ambientais e tamén habilidades que lles permitirán superar as estacións e chegar á meta. Serán probas moi divertidas, fáciles e lúdicas aptas para todos os públicos. Tamén haberá xogos musicais, malabares e monociclos para animar a festa.
Ademais, destas iniciativas desde o Concello tamén se promoven outras iniciativas con fin de promover valores de respeto e coidado ao medio ambiente, actividades de voluntariado medio ambiental, roteiros, etc. Preténdese poñer en marcha iniciativas que sensibilicen sobre a necesidade coidar a natureza e concienciar sobre a necesidade de contaminar menos para conservar os recursos naturais . Este sábado´2 de xuño comezamos coa primeira acción de voluntariado: Hoxe Imos limpar que se levará a cabo nunha pequena praia de Arcade e coa que se pretende concienciar sobre a necesidade de reducir o usos de plásticos e da necesidade de reciclar para que non acaben nos nosos mares e praias.
A seguinte acción "Hoxe imos informar e concienciar" durará dúas xornadas: martes 26 de xuño de 17.00 a 19.00 h na Carballeira de Arcade para elaborar o material da campaña informativa e domingo 15 de xullo de17.00 a 20.00 h para realizar a acción de campo que se levará a cabo na praia da Ponte Colgante sobre o Verdugo durante a cal se colocarán os carteis pintados anteriormente e se falará coa xente que esté no río, para informala e concienciala sobre o problema citado.
Educación
05-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Educación
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Educación +