fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 18 Xullo 2018 11:49

Campaña de sensibilización medio ambiental

Campaña de sensibilización medio ambiental

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. A segunda acción voluntaria: imos informar e concienciar coa que se pretende informar e concienciar sobre a importancia de reducir o uso de plásticos, facer unha boa xestión dos residuos e  evitar que se contaminen espazos naturais para protexer estas áreas e seguir mantendo a súa biodiversidade e encanto rematou este domingo 15 de xullo. 

Os residuos son un gran problema  é por iso o grupo de persoas voluntarias deseñaron nun obradoiro unha campaña para informar sobre o que tardan en degradarse e sobre as consecuencias que ten para o medio que os deixemos tirados pola natureza. Os paneis que se elaboraron estarán colocalos no entorno da praia da Ponte Colgante de Soutomaior para que todas as persoas que visiten o lugar poidan ver a campaña e informarse sobre esta problemática que non so acontece alí senón que tamén a hai noutros lugares.Todos os paneis teñen códigos QR  para quen desexe ampliar máis información. Os paneis recolleranse a finais do verán pero a campaña está permanente na web:  SI quero, colaborar.

Nesta web poderán descargase os paneis e tamén participar nunha pequena enquisa.

Todas as persoas interesadas en coñecer o programa e inscribirse nas vindeiras accións poden facelo a través da web do Concello ou ben enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Si quero, colaborar
Visto 1590 veces