fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 26 Febreiro 2019 09:41

Taller de seguridade viaria

Taller de seguridade viaria

O aparcadoiro do Peirao de Arcade transformouse nun enrevesado circuíto de de karts no que gran cantidade de nen@s do Concello de Soutomaior gozaron dunha divertida tarde aprendendo normas de seguridade viaria. O obxectivo desta campaña, organizadapor a concellería de Educación, é concienciar aos nenos desde unha idade temperá sobre a importancia de respectar as normas de circulación, tanto de condutores como de peóns, como unha regra básica de convivencia na sociedade.

A iniciativa contaba con karts de diferentes clases adaptados ás necesidades e características dos nenos segundo a súa idade. Así, os maiores de 10 anos gozaron aprendendo a conducir un kart eléctrico mentres os máis pequenos practicaron cunha versión de pedais.

Ademais do circuíto de karts, a iniciativa incluía diversos talleres creativos para os pequenos, unha zona de lectura con contacontos e a presenza de “Roti”, a mascota do proxecto “ColeRoteiros”, que centrou a atención dos máis novos na zona de música e animación.


Publicado en Ensino
Visto 1181 veces