fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 06 Marzo 2019 13:36

Aberto o prazo de inscrición para participar nos Roteiros Medioambientais

Aberto o prazo de inscrición para participar nos Roteiros Medioambientais

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no Programa de Roteiros Medioambientais programadas para os meses de abril e maio.

Nesta convocatoria temos previsto tres roteiros. O primeiro que se realizará no entorno da Ribeira Sacra "Roteiro polas pasarelas do río Mao" que se celebrará o domingo 24 de marzo. Este roteiro realizarase durante todo o día porque despois de xantar tamén realizaremos unha visita en catamarán polo Rio Sil para contemplar os impresionantes recursos naturais desta zona e a importancia que estes recursos medioambientais teñen para o noso patrimonio. Para o mes de maio temos previsto outros dous roteiro. O 10 e 11 de maio realizarase un Roteiro Micolóxico de Primavera que terá dúas partes, a primeira que se realizará o venres 10 de maio e que terá un carácter formativo co fin de aprender máis sobre fungos e cogumelos. A segunda parte deste roteiro realizarase o sábado 11 de maio e consistirá en realizar unha saída para buscar cogumelos e visitar os posibles lugares nos que se dan estas especies.

Xa para finalizar, o domingo 12 de maio realizaremos o Roteiro "Os recunchos de Aranza" durante o roteiro vanse percorrer as diferentes paisaxes de Aranza. Partiremos da zona máis baixa, a carón do río Oitavén e subiremos ata case 300m. É unha subida esixente, pero que se fai máis levadeira ao observar a beleza que nos rodea. Visitaremos os socalcos e algunha zona de monte alto, teremos vistas aos canons do Oitaven, camiñaremos entre muros antigos e poderemos remollar os pés nas pozas de Aranza, para regresar polas intrincadas rúas da zona.

Para participar nestes roteiros teredes que inscribirvos a través da web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Na web tamén podedes consultar os prazos e toda a información relativa a estas actividades.

Para calquera dúbida tamén podedes poñervos en contacto coa OMIX 986700822 ou ben no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Ensino
Visto 1353 veces