fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 04 Marzo 2020 14:30

Inicio dos obradoiros "Soutomaior coa ciencia" no CEIP M. Padin Truiteiro

Inicio dos obradoiros "Soutomaior coa ciencia" no CEIP M. Padin Truiteiro

Este mércores 4 de marzo o Concello de Soutomaior comezou os obradoiros que se van a impartir no marco do programa "Soutomaior coa Ciencia" nos centros educativos. Este progrmaa impulsado pola Concellería de Educación ten como fin achegar a ciencia a toda a cidadanía en xeral a través da participación en actividades dirixidas a diferentes públicos. Hoxe impartiuse o obradoiro de Eu, Robótica no CEIP M. Padin Truiteiro que consistía nunha iniciación á programación de robots mbot.

Tras a realización dunha serie de probas prácticas o alumnado preparou e programou os robots mediante o uso de tablets para que estes executasen unha serie de indicacións que se puxeron en marcha a medida que cada grupo ía rematando de programar cada robot. Participaron arredroe de 90 alumnos e alumnas dos cursos de 5º e 6º de primaria. A actividade foi impartida por profesionais da empresa CEO ABERTO que contan cunha ampla experiencia no ámbito da ciencia e tecnoloxía e na implantación de metodoloxías participativas no ámbito de educación.

As valoración do alumnado foron moi positivas porque a metodoloxía empresada durante os obradoiros foi moi práctica, interactiva e en pequenos grupos ademais de moi lúdica e divertida.

Queremos agracer a colaboración do profesorado e da dirección do centro educativo pola súa colaboración e participación neste proxecto porque é moi importante que todos os axentes sociais estén implicados para que o alumnado aproveite este tipo de experiencias educativas.


Publicado en Ensino
Visto 656 veces