fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 10 Marzo 2020 11:25

Escola de Familias

Escola de Familias

Comezamos hoxe martes 10 de marzo coa Escola de Familias, proxecto de educación familiar impulsado pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior contando coa colaboración do CEIP M Padin Truteiro, do IES Soutomaior, da Escola Infantil Galiña Azul, da Escola Infantil de Romariz e do Colexio Santiago Apóstol.

Nesta primeira sesión que se desenvolverá de 16.30 h a 18.00 h nas instalacións do CEIP M Padin Truiteiro o tema a tratar será "A importancia de saber dicir non" un tema moi relevante para a educación de fillos e fillas pois é unha palabra que implica moitas emocións encontradas e que ademais implica a partícula que nos permite establecer límites, marcar distancias, axustar os nosos tempos e respectar as nosas necesidades e as das demais persoas. En moitas ocasións teremos que saber dicir non e cómpre ter as habilidades e ferramentas axeitadas. A charla será moi práctica utilizándose moitos exemplos que serán de moita utilidade para as familias.

Lembrade que podedes acudir cos vosos fillos e fillas porque mentras estades na charla haberá unha actividade lúdica para eles e elas.

Esta actividade vai dirxidida a todas as familias do alumnado matriculado nos centros educativos do municipio e tamén dos arredores pois trátase dunha actividade aberta ao público en xeral e a toda a comunidade educativa.

O longo dos vindeiros meses de marzo, abril e maio haberá máis sesión nas que se abordarán moitos temas de interese para as familias. As sesións serán moi prácticas co fin de proporcionar ferramentas de utilidade para as familias. Sempre a partir da experiencia e da resolución de casos prácticos.As sesión serán impartidas por persoas expertas nos temas a tratar e cunha ampla experiencia no ámbito da educación social e do traballo comunitario que son membros da Asociación Amaina.

Animádevos e sacádelle proveito!!!

 

 


Descargar adjuntos:

Programa 2020 Escola de Familias (208 Descargas)
Visto 879 veces