Martes, 31 Marzo 2020 11:43

Axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

Axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

O Concello de Soutomaior informa que a partir de mañá e ata o vindeiro día 6 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas de carácter directo dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar cuxo servizo xestiona a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mentres estean suspendidas as clases presenciais.

Deste xeito, a Consellería de Educación aboará os menús escolares de todos os días lectivos mentres estean suspendidas as clases presenciais a aquelas familias que durante o curso son beneficiarias dunha bolsa de comedor gratuíta (que non pagan nada polo servizo) ou semigratuíta que pagan 1 euro/día, naqueles centros públicos cuxo servizo de comedor está xestionado pola Consellería.

Presentación de solicitudes

Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, a solicitude formal deberá presentarse de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Naqueles casos nos que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración dos equipos directivos dos centros de ensino onde estean escolarizados os seus fillos.

Cada familia presentará unha única solicitude na que incluirá a totalidade dos fillos e fillas (cada un deles debidamente identificado) que sexan comensais gratuítos e semigratuítos de 1 € no comedor escolar xestionado pola Consellería nun centro de ensino público; así como a información da conta bancaria onde realizar o ingreso da compensación.

Segundo os datos da Consellería, a xaneiro do presente curso, o número de beneficiados por esta medida son preto de 45.000 alumnos, a razón de 40.480 usuarios con comedor gratuíto e 3.813 semigratuíto que pagan 1 euro. Así, no caso dos usuarios de comedor gratuítos a Consellería aboaralles 2,5 euros/día, e no caso dos usuarios semigratuítos recibirán 1,5 euros/día durante os 14 días lectivos computados durante a vixencia da declaración da situación de Emerxencia Sanitaria.

Para tal fin a Consellería de Educación vén de habilitar un crédito de 3 millóns de euros, que é o estipulado para atender os 14 días lectivos que van entre o comezo da suspensión da actividade lectiva presencial e dos servizos educativos complementarios o pasado 16 de marzo ata o día 12 de abril; así como unha previsión no caso dunha eventual segunda prórroga da situación de alarma.


Publicado en Educación
Visto 310 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Funcionamento do Servizo de impresión de tarefas escolares - MES DE XUÑO

27-05-2020 / Educación

O Concello de Soutomaior informa que  desde o 1 de xuño e ata que finalice o curso escolar 2019/2020 modifícase o sistema de entrega de deberes que se presta por parte do Concello de Soutomaior no marco do Servizo de Impresión de Tarefas Escolares gratuíto derivado da situación do Estado de Alarma COVID-19. O motivo do cambio no sistema de...

Apertura do prazo de presentación de solicitudes para a Escola Infantil Soutomaior (A Galiña Azul)

15-05-2020 / Educación

Publicación no DOG: 15 de maio de 2020 Prazo de presentación de solicitudes: Do 16 ao 27 de maio de 2020 Lugar de presentación: As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente...

Funcionamento do Servizo de impresión tarefas escolares. Mes de maio

05-05-2020 / Educación

O Concello de Soutomaior informa que o funcionamento do servizo de impresión de tarefas escolares posto a disposición das familias do Concello de Soutomaior con motivo do Estado de Alarma derivado do COVID-19 a partir do mes de maio adaptarase ás novas circunstancias derivadas do proceso de "desescalada" previstas nesta situación tan excepcional. Seguirase prestando este servizo  a todas as familias...

Servizo gratuito para imprimir as tarefas escolares

06-04-2020 / Educación

O Concello de Soutomaior pon en marcha o servizo de impresión das tarefas escolares para as familias que o precisen. Deberán enviar a documentación ao email educacion@soutomaior.com, indicando o nome, enderezo e número de teléfono de contacto para a entrega

Tendais comunitarios: os coidados ó clareo.

06-04-2020 / Educación

O Concello de Soutomaior pon en marcha a INICIATIVA: TENDAIS COMUNITARIOS: os coidados ó clareo dirixida a todas as idadesco fin de dar visibilidade ós coidados como a forma máis produtiva de dar e manter a vida; mediante a manifestación creativa e afectiva da corresponsabilización da comunidade. Neste tempos de confinamento no que o Coronavirus ocúpao todo dun xeito transversal  e...

Axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

31-03-2020 / Educación

O Concello de Soutomaior informa que a partir de mañá e ata o vindeiro día 6 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas de carácter directo dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar cuxo servizo xestiona a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mentres estean suspendidas as clases presenciais. Deste xeito, a Consellería...