Educación
Educación +
Axenda Educación

![]() |
O Concello de Soutomaior pon en marcha a INICIATIVA: TENDAIS COMUNITARIOS: os coidados ó clareo dirixida a todas as idadesco fin de dar visibilidade ós coidados como a forma máis produtiva de dar e manter a vida; mediante a manifestación creativa e afectiva da corresponsabilización da comunidade.
Neste tempos de confinamento no que o Coronavirus ocúpao todo dun xeito transversal e universal cómpre pararnos a pensar e reflexionar, pois é certo que ten limitados os nosos movementos físicos pero tamén é certo que non pode parar a nosa capacidade de viaxar polo noso universo interior. Nin tampouco pode limitar a nosa capacidade de compartir e expandir ese universo ao resto da comunidade para axudar e axudarnos mediante a nosa experiencias e aprendizaxes.
1º FASE DA INICIATIVA que consistirá en PREPARAR OS TENDAISnos que colguemos o que queremos compartir en relación ao autocoidado e aos coidados das demais persoas. Reflexionar e compartir coa comunidade:
Respostar a estas e outras moitas preguntas con ideas, propostas, estratexias... para compartilas e axudar a outras persoas a coidar e coidarse. Colgalas nosTENDAIS confeccionados con imaxinación, compostos por creacións propias, con diversidade e con respecto.
Para facelos visiblespoderemos compartidos a través da canle específica de youtube:
aberta polo Concello de Soutomaior para albergar esta iniciativa co fin de visibilizar os procesos de creación do tendal e compartir as imaxes da evolución dos tendais porque o feito de non poder saír das casas limita que todas as persoas do Concello poidamos acceder e tamén a distancia dificulta a visibilidade do que se quere contar. Moi importante porque o obxectivo é compartir durante este momento de confinamento para acompañarnos.
PRAZO DESTA FASE: durará o tempo que dure o Estado de Alarma decretado.
Cando remate o Estado de Alarma comezará a FASE 2. POÑER Ó CLAREO OS COIDADOS que parte da tradición galega poñer a roupa ó clareo. Esta labor podía durar moito tempo porque era un proceso laborioso que as lavandeiras facían con esmero, agarimo e coidado porque era importante para o benestar das persoas que conformaban a comunidade e porque se soía facer en espazos comunitarios como os lavadoiros ou as eiras e campos onde as persoas se relacionaban e compartían. Esta fase terá dúas partes:
Primeira, a PREPARACIÓN DA EXPOSICIÓN "POÑER Ó CLAREO OS COIDADOS"
Para a presentación dos Tendais abrirase un prazo cando remate o Estado de Alarma para que as e os autores/as presenten as súas pezas. No momento da entrega cubrirán un formulario de inscrición en liña e poderedes entregar os vosos Tendais na OMIX ou CIM. A organización da exposición farase mediante a agrupación por temáticas tendo en conta as seguintes modalidades (consultar bases):
MODALIDADE "PERSPECTIVAS" |
CLAREO MIÚDO (ata 11 anos) |
CLAREO ADOLESCENTE (12 a 17 anos) |
CLAREO XUVENIL (18 a 35 anos) |
CLAREO ADULTO (36 ata 55) |
CLAREO 3º IDADE (56 anos en diante) |
MODALIDADE"MICROCOMUNIDADES DE RESISTENCIA" (para todos os membros da unidade familiar de convivencia durante o Estado de Alarma) |
TENDAL CREATIVO |
TENDAL BO TRATO |
TENDAL REDES |
Segunda parte será a granXUNTANZA DO CLAREO que será unha xornada en día de fin de semana cun carácter festivo e participativo pensada para xuntarnos, para xogar, bailar, escoitar música, participar en obradoiros e enredar arredor dos tendais que estarán expostos simbolicamente como resultado das nosas reflexións, pensamentos e accións.
PRAZO DESTA FASE: comezará cando remate o Estado de Alarma decretado e resolverase no prazo máximo de 2 meses.
O Concello de Soutomaior entregará un agasallo a todas as persoas que participen e un diploma conmemorativo. A maiores tamén se entregará un diploma cunha especial mención ós Tendais que mellor recollan o espírito solidario desta iniciativa.
Podedes consultar as bases da iniciativa nas webs municipais
e seguirnos en:
E logo? ti que fas para coidar, coidarte e coidarnos? Compárteo!!!
Educación
05-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Educación
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Educación +