Martes, 05 Mai 2020 19:32

Funcionamento do Servizo de impresión tarefas escolares. Mes de maio

Funcionamento do Servizo de impresión tarefas escolares. Mes de maio

O Concello de Soutomaior informa que o funcionamento do servizo de impresión de tarefas escolares posto a disposición das familias do Concello de Soutomaior con motivo do Estado de Alarma derivado do COVID-19 a partir do mes de maio adaptarase ás novas circunstancias derivadas do proceso de "desescalada" previstas nesta situación tan excepcional.

Seguirase prestando este servizo  a todas as familias empadroadas no Concello de Soutomaior que o precisen, estipulándose unha serie de indicacións que se deberán ter en conta á hora de enviar a documentación para así garantizar que podemos chegar a todos os veciños e veciñas. Reorganizando este servizo, tendo en conta a demanda que ten actualmente, para que o funcionamento do mesmo se adapte ás novas circunstancias e así poidamos seguir atendendo esta demanda das familias que o precisen e repartir os deberes que necesariamente deben ser impresos, na maior brevidade posible. Consulten as indicacións no documento que se acompaña ou aquí abaixo. Para que todas as persoas teñan os deberes a tempo teñan en conta tamén as indicacións que o profesorado fai sobre a necesidade ou non de imprimir determinados materiais pois algúns deles poden ser simplemente de consulta.

 

 

FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE IMPRESIÓN DE TAREFAS ESCOLARES A PARTIR DO MES DE MAIO:

  • As persoas interesadas deberán enviar a documentación ó correo electrónico:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.indicando o nome, enderezo e número de teléfono de contacto.
  • O servizo soamente se presta a persoas empadroados porque non temos competencias de reparto noutros Concellos.
  • Non poderán imprimir libros completos(si envían un libro indiquen as páxinas a imprimir). Si son fichas valorarase a cantidade e a obrigatoriedade como tarefa escolar.
  • A documentación que se envíe para imprimir deberá estará estar exclusivamente relacionada con tarefas e deberes escolares ou apuntamentos(dependendo dos niveis educativos).
  • As impresións serán en B/N (lembren non eliminar o arquivo inicial por si necesitan logo ver as cores no documento orixinal)
  • O Concello imprimirá a documentación os luns e martes en horario de mañá.
  • O Concello entregará a documentación nos domicilios das persoas na maior brevidade posible.
  • Imprimirase e entregarase a documentación tendo en conta a orde de entrada no correo electrónico.

 

Rogamos que  remitan a documentación tendo en conta o funcionamento do servizo para que poidamos seguir axudándolles. Así mesmo, teñan en conta as circunstancias nas que nos atopamos (derivadas do Estado de Alarma) e a limitación que isto supón para o funcionamento da Administración e dos seus efectivos.

Por favor, rogamos que para o bo funcionamento do servizo eviten enviar documentación que non sexa imprescindible imprimir(ex.  Títulos e indicacións de tarefas moi curtos) lembren que unha persoa desprázase ata a súa casa exclusivamente para isto).

 

Si teñen calquera dúbida poden poñerse en contacto con nós a través deste mesmo correo.

Moitas grazas pola colaboración.


Publicado en Ensino
Visto 882 veces

Ensino

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día.  Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados.  Desta forma...

II Feira de Ciencia

II Feira de Ciencia

02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro "As Illas Cíes por terra e por mar"

02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...

O alumnado do IES Soutomaior achegouse á programación informática

14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

04-12-2022 / Ensino

Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...

Moi bo ambiente e entusiasmo no campamento dos Peares

12-08-2022 / Ensino

 O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...