fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 27 Mai 2020 19:56

Funcionamento do Servizo de impresión de tarefas escolares - MES DE XUÑO

Funcionamento do Servizo de impresión de tarefas escolares - MES DE XUÑO

O Concello de Soutomaior informa que  desde o 1 de xuño e ata que finalice o curso escolar 2019/2020 modifícase o sistema de entrega de deberes que se presta por parte do Concello de Soutomaior no marco do Servizo de Impresión de Tarefas Escolares gratuíto derivado da situación do Estado de Alarma COVID-19. O motivo do cambio no sistema de entrega é porque dada a situación de desescalada que permite xa unha maior mobilidade das persoas  atopámonos con moitas dificultades para encontrar á xente nos seus domicilios (principalmente en Arcade) e isto provoca que en moitas ocasións teñamos que  ir varias veces ó día a unha mesma casa para poder localizar ás persoas retrasándose así as entregas desas persoas pero tamén ás do resto de demandantes do servizo.

A partir do luns 1 de xuño as tarefas escolares soamente se entregarán a domicilio para as persoas que residan na parroquia de Soutomaior (en todos os barrios) como se viña facendo ata agora.

No caso de residir na Parroquia de Arcade (en todos os barrios)  as tarefas terán que recollerse presencialmente na Biblioteca Municipal Luís Seoane previa cita que será dada telefónicamente. a medida que vaian estando impresos. Seremos nós quen chamemos para dar cita á persoa e así poidan pasarse a recollelas.

Daremos cita previa para que non se produzan aglomeracións e se  poidan respetar as normas de seguridade e a distancia en cumprimento da normativa vixente. Este sistema ademais permitirá ir entregando os deberes a medida que vaian están impresos co cal serán máis rápida a entrega.

IMPORTANTE: A impresión seguirá realizándose por orde de entrada de cada correo electrónico por iso seremos nós as que avisemos de cando se poden pasar a recollelos e non antes porque non estarán listos ata ese momento.

 

Para calquera dúbida póñanse en contacto con nós a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben no número de teléfono 986700822


Publicado en Ensino
Visto 1026 veces