fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 01 Decembro 2020 19:40

Cápsulas creativas para as vacacións de Nadal! xogar, agasallar, cociñar

Cápsulas creativas para as vacacións de Nadal!  xogar, agasallar, cociñar

Comeza o prazo de inscrición para participar nas actividades que  a Concellería de Educación do Concello de Soutomaior propón para este Nadal 2020.

As actividades estarán adaptadas ás idades das persoas participantes e haberá grupos por idades desde os 6 ata os 18 anos. A proposta deste ano é diferente xa que tamén estamos ante un ano diferente por iso a novidade será que estas actividades realizaranse na modalidade en liña.

Os materiais que usemos nas actividades 3R serán fundamentalmente cousas de reutilicemos para darlle unha segunda vida o que aparentemente xa non nos serve. Pero tamén haberá actividades para cultivar os nosos gustos pola cociña creativa e aprender receitas novas e saudables. Aprendermos  a construír xogos moi divertidos como un futbolín que poderemos converter nun labirinto, estampar sobre teas dun xeito ecolóxico, a facer testos con formas tribais nos que as nosas plantar quedarán xenial, cociñar bolachas, brownies ou trufas, confeccionar e personalizar as fundas do noso móbil ou atopar o noso lado máis creativo aprendendo a xogar co lettering. A proposta é moi variada e con ela xa poderemos aproveitar para confeccionar os nosos propios agasallos de Nadal.

A participación para que sexa segura e poidamos manter á raia á COVID-19 será en liña. Crearemos salas específicas para cada actividade na plataforma de Jitsi Meet que se enviarán previamente ás persoas inscritas para que poida conectarse.

Tamén recibirán previamente unha lista co material que terán que ter preparado para ese día. Cada sesión será dunha hora e media e os grupos serán reducidos para poder aproveitar ó maximo as explicacións do monitorado e tamén interactuar co resto de membros do grupo.  As inscricións realizarnase ata o día 18 de decembro a través da web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2454/capsulas-creativas

Ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa OMIX no número 986700822 ou ben por whatsAPP no número 638822868

As actividades son de balde e teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.


Publicado en Ensino
Visto 583 veces