fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 11 Febreiro 2021 10:49

Escola de Familias. Programa 2021

Escola de Familias. Programa 2021

Desde o Concello de Soutomaior poñemos en marcha un novo programa de charlas dirixidas ás familias do municipio ou que teñan alumnado escolarizado nalgún dos centros ubicados no Concello de Soutomaior. Dadas as limitacións e restriccións actuais derivadas da pandemia COVID-19 nesta ocasión as charlas non poderán ser presenciais, polo menos polo de agora. Así que comezaremos facéndoas virtualmente a través da plataforma jitsi meet, moi sinxela de utilizar e á que se pode acceder desde un móbil ou ordenador. Isto pode ter a vantaxe de poder conciliar mellor e non ter  dificultades para asistir por temas de horarios xa que permite poder asistir desde casa. Durante a sesión recibiredes información sobre a temática concreta de cada sesión, poderedes facer preguntas, interactuar co resto de asistentes e tamén co equipo encargado de impartir a sesión. Polo que serán moi interactivas e prácticas.

A primeira sesión realizarase o 23 de febreiro de 18.30 a 20.00 h. Haberá que inscribirse previamente ata o 18 de febreiro, na web: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2462/escola-de-familias-familias-ante-a-covid-19A temática da primeira sesión versará sobre as dificultades que se están nado no entorno familiar e de convivencia para xestionar emocionalmente esta crise e todas as súas posibles consecuencias que afectan a cuestións de organización de espazos, tempos, relacións.... etc. A sesión estará guiada por un membro de Aseia ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias.

 

A inscrición previa será obrigatoria porque as prazas son limitadas para que poidamos ofrecer unha mellor atención ás persoas incritas e poidamos establecer unha comunicación máis fluída e resolver dúbidas. Unha vez inscritas/os porémonos en contacto con vós para enviarvos o enlace da sesión e as indicacións oportunas.

Desde o Concello queremos agradecer a colaboración prestada polos centros educativos na difusión do proxecto e na súa implicación á hora de propoñer temas e mellorar para que o programa sexa eficaz para as familias e lles sirva de apoio.

 


Visto 838 veces